Search Product

Su carrito

¡Tu pedido califica para envío gratis!

Su bolsa de compras está actualmente vacía

Seguir comprando

Consigue lo último FEMINISMO DE PROXIMIDADE En línea

SKU: 68E6E31724A54009

El precio original era: €15.00.El precio actual es: €6.00.

En stock
AÑADIR A LA LISTA DE DESEOS
  • Promesa de igualación de precios

  • Entrega gratuita en todos los pedidos.

  • Transacción segura y protegida

  • Política de devolución navideña ampliada

Vistos recientemente

Consigue tu al por mayor Cemento Beissier 70163-002 Blanco 1,5 Kg En línea

Consigue tu al por mayor Cemento Beissier 70163-002 Blanco 1,5 Kg En línea

El precio original era: €5.90.El precio actual es: €2.36.

Descripción

O libro que tes nas mans é unha recompilación, unha selección de artigos, relatorios, investigacións e proxectos publicados en diversos medios, cun claro fío condutor: a muller e a súa condición. A proposta recolle feitos actuais, repasa aspectos históricos, reivindica accións positivas, fai visibles situacións. Máis que receitas para solucionar problemas, son reflexións profundas escritas con prosa fluída e apracíbel.
Ler este libro é unha viaxe por Pontevedra, Compostela, Madrid, Alacant, Cerdedo ou Alhucemas (Marrocos). Así, en As cidades e o xénero descúbrenos o androcentrismo arquitectónico que leva a deseñar as cidades en función do estereotipo masculino. En Mulleres e represión na Terra de Montes, fai visible os trazos de xénero da represión franquista sobre as mulleres desa bisbarra. En Mulleres no rural ou en As montañas do Rif en feminino trasládanos a vida das mulleres que, malia vivir a miles de quilómetros, teñen eivas similares…
Estas páxinas tamén amosan a faceta docente de Lola: dunha banda, como profesora de literatura, achéganos en Unha muller do seu tempo a ideoloxía social progresista e reivindicativa de Rosalía de Castro a prol dos dereitos das mulleres; doutra, como docente e feminista, fálanos da necesidade de mudar as formas de relación de dominio patriarcal que non contribúen ao benestar das mulleres e dos homes, da percepción que ten a mocidade sobre a igualdade, a prostitución, a valoración do corpo feminino ou a diversidade sexual e de xénero nas nosas aulas.


Lola Varela (Pontevedra, 1954). Profesora de lingua e literatura castelá, exerceu como docente 38 anos en diferentes lugares de Galicia, do Estado Español, e, ao cabo, en Alhucemas (Marrocos). Ao longo destes anos ocupou diversos cargos directivos.

Vinculada ao Feminismo dende a Universidade en Compostela, sendo una das fundadoras de AUPEPM, Asociación Universitaria para o Estudo do Problema da Muller (1976), non deixou de organizar proxectos de Coeducación, Educación afectivo-sexual e Prevención da violencia de xénero. Colaborou en revistas de pedagoxía, dirixiu grupos de teatro e animou o trabalo interdisciplinar.

Na actualidade escribe en prensa, imparte conferencias e forma parte do grupo impulsor do blog educandoenigualdade.wordpress.com. Segue a participar en colectivos feministas de Galicia, como SoGaSex ou Comando Igualdade, e de Marrocos, como Femmes sans Frontières ou Forum de Femmes au Rif.

Recientemente publicou o libro Feminismo de proximidade, que reúne artigos, investigacións e proxectos, publicados en diferentes medios, en torno á muller e á súa condición no mundo actual.

____

Editorial: EN SELECTA COMPANHA 2022
Idioma: Galego
Páxinas: 173
MULLER GALEGA
FEMINISMO

Información adicional

Title

Default Title

Consigue lo último FEMINISMO DE PROXIMIDADE En línea

El precio original era: €15.00.El precio actual es: €6.00.